O teu espazo-ferramenta !

miércoles, 30 de diciembre de 2009

miércoles, 9 de diciembre de 2009

ACTIVIDADES DE DECEMBRO!

Todos os xoves ás 22:30 Espazo en Construcción
(Programa aberto de Radio Clavi)

Martes 1 ás 20:00 Concerto Panaycuadros: enQA´A (BCN) + Herrn

Cine/Documental (21:30):

Xoves 3: "Los niños del barrio rojo"
Xoves 10: "Gritos en el pasillo"
Xoves 17: "Planete Sauvage"

Venres 11 ás 21:30 Cena anticarcelaria (os beneficios irán destinados á Marcha a Teixeiro)

Sábado 12 ás 20:00 Documental " A Tornallon" + debate

Xoves 17 a partires das 18:00 Mercadiño de Troco e donación

Sábado 19 ás 20:30 Recital Poético con música electrónica: Jaime Morea

Luns 21, 20:30 Asamblea Vagalume (participa!)

do 22 ó 25 de decembro: Exposición Multiformato (Varias artistas)

viernes, 20 de noviembre de 2009

ACTIVIDADES DE NOVEMBRO

Perdoade por non subir antes o cartaz de novembro!!!aínda estamos a tempo

Asamblea Anarkista luns 2 – 20:00h

Cine/documental ¡Chocolatada! (21:30):
Xoves 5: “Me casé con un extraño”. Dir: Bill Plimkton
Xoves 19: “Los niños del Barrio Rojo”. Dir: Ross Kauffmah e Zana Briski
Xoves 26: “Los Caminantes”. Dir: Fernando León de Aranoa

Xornadas Anticarcelarias: 19:30 h
Venres 6: Charla Introductoria ás prisións por Xaquín. Situación da Poboación extranxeira na cadea e nos CIES por
Rebeka. Dinámicas de grupo.
Sábado 7: “A represión da solidariedade” por Nuria Pórtulas, presa anarquista. Concerto Bitxo Bola

Magosto popular Mádia Leva - Vagalume: Xoves 12 a partires das 20:00 h na praza do Campo

Ceas Veganas (21:30)
Venres 13 coa proxección de “Devorando el planeta”
Venres 20 coa proxección de “A carne á fraca”
Venres 27 coa proxección de “O noso pan de cada día”

Xornada en Apoio ao Povo Mapuche: sábado14 (a partires do mediodía)
Charla sobre a realidade d@s mapuches+Obra de Títeres+Videos

Proxección Informativa: Normativa de Civismo do Concello de Lugo
Venres 20 e venres 27 a partires das 20:30 h

Concerto Panaycuadros: 24 Novembro 20:00h
Betunizer (Valencia) + Vale Tudo (Lugo)

Mercadiño de troco e donación Xoves 26 a partires das 18:00h

miércoles, 11 de noviembre de 2009

VOLVEN AS CEAS VEGANAS!!

Se o ano pasado te perdiches as ceas veganas en familia, este ano tes a oportunidade de catalas de novo!!


PROXECCIÓNS:

VENRES 13: Devorando el planeta
VENRES 20: A carne á fraca
VENRES 27: O noso pan de cada día


As proxeccións serán despois da cea!!

MAGOSTO POPULAR


O próximo día 12 de Novembro os Centros Sociais Vagalume e Mádia Leva! organizamos conxuntamente un magosto popular. Dende as 19h andaremos pola praza do Campo asando castañas que serán de balde para toda a xente que pase polo magosto.

Bo proveito!!

jueves, 1 de octubre de 2009

ACTIVIDADES OUTUBRO

COMEDORES VEGANOS (14:30):

Sábado 3 coa proxección documental " Peaceable Kingdoms"
Luns 5, Luns 12
Sábado 10 coa proxección do documental " A historia de Jeffrey Luers"

CONCERTO VÍSPERA DE SAN FROILÁN: "SPINAL WINS" E "INLLORFEIS" Sábado 3 -20:00 h

FESTIVAL PANAYCUADROS Xoves 8 -13:00 h

ASAMBLEA CREACIÓN REVISTA VAGALUME Mércores 14 20:00 h

CICLO CINEMA PALESTINO Xoves 15, Xoves 22 e Xoves 29- 21:00 h

CEAS VEGANAS Venres 16, Venres 23 e Venres 30- 21:00 h

RECUNCHO OBRADOIRO TÉCNICAS DE ESTAMPACIÓN Domingo 18 e Domingo 25 18:00 h

CONCERTO "ZANSTONES" myspace.com/zanstones Luns 19- 20:00 h

XORNADA DE LIMPEZA do Vagalume Mércores 28 18:00 h

MERCADIÑO DE TROCO E DOACIÓN Xoves 29 a partires das 18:00 h



se queres recibir ao teu emilio as actividades mensuais manda un mail a vagalumenxebre@gmail.com!

miércoles, 16 de septiembre de 2009

CONCURSO DE LOGO!!!

..¿Gústache debuxar?

....................................¿Fas deseños gráficos? (ou non)

.................¿Tes algunha idea para o logo dun Centro Social?


..............................................................¿Molaríache ver un logo teu circulando?

NON o penses máis e colle un lápiz!!tes do 21 ata o 25 de Septembro para presentalo en Vagalume!!

Do 28 de Septembro ao 4 de Octubro serán as votacións!!



ANIMÁDEVOS!!

sábado, 29 de agosto de 2009

ACTIVIDADES SETEMBRO

Obradoiro de limpeza: Colabora! Mércores 9 a partires das 18:00
Curso Reiki (sanación enerxética coas mans): Charla introductoria mércores 9 ás 20:30 h Curso: sábado 12 mañá e tarde. Comeza ás 9:30 Reserva de plazas: 630 946 569 (Gerardo)
Obradoiro de plantillas: Traede radiografías ou un soporte similar! Xoves 10
Exposición: Trío Tomé (cadros, curtos, bonecos plastilina) Do día 14 ata o 18
Asemblea Vagalume: Participa! Martes 15 ás 21:00
Cea Vegana + charla – debate: introducción ó especismo e proxección documental Earthlings: Venres 18 ás 21:30
Shiatshu: Curso dixitopuntura 2 xornadas 6 horas. Sábado 19 e domingo 20. Inscripción previa: 636 060 897
Mercadiño de troco e donación: Xoves 24 a partires das 18:00 h
Recital de poesía: Antonio Lopez: Xoves 24 ás 22:00 h
Cea Vegana + proxección “Tralo Pasamontañas” Venres 25 ás 21:30
Obradoiro de tintes: Martes 29 ás 18:00 h.



participade!!!!! vagalumenxebre@gmail.com

miércoles, 26 de agosto de 2009

MERCADIÑO DE TROCO


Hola vagalumes! este Xoves volve haber mercadiño de troco e doación
colle todo o que non uses e non queiras e pásate por Vagalume a partires das 6 da tarde!!
se fai bo será na rúa...esperámoste!

martes, 18 de agosto de 2009

FESTA HORTERA!!


Gústache disfrazarte? molaríache beber blodymerys e sangría ao ritmo de Rafaella Carrá? non o penses máis, colle a roupa máis hortera que teñas e pasa polo Vagalume o venres 21 a partires das 20:00!! Haberá pinchiños, confeti e moito máis!!

CANTO MÁIS CANTOSO MÁIS FERMOSO!!

jueves, 13 de agosto de 2009

ESTA SEMANA...

este venres 14 de agosto proxectaremos un corto en galego e a peli "La Ola".



Drama. Basado en feitos reais / SINOPSE: En outono de 1967 Ron Jones, un profesor de historia dun instituto de Palo Alto en California, non tivo resposta a pregunta dun dos seus alumnos: ¿Cómo é posible que o pobo alemán alegue ignorancia á masacre do pobo xudeu? Nese momento Jones decidiu facer un experimento cos seus alumnos: instituiu un réxime de extrema disciplina na súa clase, restrinxíndolles as súas liberdades e facéndolles formar en unidade. O nome de este movemento foi The Third Wave. Ante o asombro do profesor, os alumnos entusiamaronse ata tal punto que aos poucos días comezaron a espiarse uns aos outros e a acosar a os que non querían unirse ao seu grupo. Ao quinto día Ron Jones viuse obrigado a acabar có experimento antes de que chegara máis lonxe.

ANIMADEVOS!!

viernes, 7 de agosto de 2009

NOITE DE CINE

HOXE VENRES 7 DE AGOSTO COMEZAMOS CO CICLO DE CINE!!!




A PARTIRES DAS 10 DA NOITE, PRIMEIRO HABERÁ UNHA CURTAMETRAXE EN GALEGO E DESPOIS PROXECTARASE "THE WALL". TRAEDE PALOMIÑAS (OU O QUE QUEIRADES!) E DISFRUTADE DAS MARAVILLOSAS NOITES DE CINE!!!

viernes, 31 de julio de 2009

ACTIVIDADES DE AGOSTO

difundide e participade!!


Clases de Tango “La vida es una milonga loca que sale del alma” ¡Ven a las clases de tango! (tel. 615376333, Heydi Salazar)

Todos os xoves ás 20:00 h


Ciclo de cine: 1 curtametraxe en galego + 1 peliculón

Venres 7, venres 14 e venres 28 ás 22:00 h


Festa Hortera Ven á festa o máis hortera que poidas!

Venres 21 a partires das 21:30 h


Mercadiño de troco e donación

Xoves 27 a partires das 18:00 h


Horario de Vagalume en agosto:

luns, martes e mércores de 18:00 a 23:00

xoves e venres de 19:00 a 00:00

sábados e domingos pechado

FOTOS DO MERCADIÑO DE TROCO

















este foi o mercadiño de troco de onte!!
haberá mercadiño os xoves últimos de mes, animadevos!!!

miércoles, 29 de julio de 2009

MERCADIÑO DE TROCO

Este Xoves 30 de Xulio haberá mercadiño de troco no Vagalume! trae cousas que xa non uses para cambialas por outras ou donalas!!

se fai bo día o mercadiño será na rúa, a partires das 6 da tarde, animádevos!!